DECEPCIÓN!!!

CCOO acudimos coa proposta de abrir procesos de negociación. O obxectivo era acadar a disposición a abrir foros de negociación determinar prioridades e calendarios e crear comisións nas que abordar os multiples asuntos pendientes e ir esbozando as soluccións posibles. Alimentabamos algunha esperanza de que tras o cambio de equipo na Consellería de Educación mudaran as actitudes. Vana esperanza! Mudaron as caras pero permanecen inmutables as políticas.

Nas últimas semanas o PP apoiou con ardor manifestacións e fixo declaración grandilocuentes na defensa da Concertada. Pero bebía na mesma fonte da impostura e falsidades verquidas nas súas proclamas. Na primeira ocasión que se lle presentou para demostrar que o que dicía non era mentira, refuxiaronse na cuncha coma sempre, deixando aos traballadores/as que “tanto queren” na intemperie… coma sempre.  Será que aos traballadores/as non nos consideran Concertada, só man de obra barata.

Algún día teremos que constatar que detrás dos responsables da Consellería de Educación non se agochan autómatas que repiten incansablemente frases previamente programadas. Hoxe escoitamos exactamente o mesmo discurso, e a mesma indisposición ao dialogo, a mesma indiferencia coas demandas das  traballadoras e traballadores da concertada que lle vimos escoitando nos últimos 10 anos:

Estamos coa concertada pero a situación é a que é.

Gustarianos avanzar pero Facenda non nos deixa.

Os grupos da oposición non nos facilitan o traballo.

Cando a cousa mellore, falamos.

Os problemas e as demandas  dos traballadores e traballadoras séguense amoreando e podrecendo nas portas da Consellería de Educación sen que o fedor moleste aos que alí moran.

Dálles o mesmo que noutras Comunidades se manteñan os acordos existentes, se asinen novos acordos e se avante cara a homologación. ¡Rarezas que só acontecen  máis aló do telon de grelos!  Os nosos responsables de educación non queren nin oír falar de acordos de mantemento de emprego, nin de paga de antigüidade e sexenios, nin de acordos de xubilación, nin de equiparación salarial, nin de redución de xornada lectiva, nin de incrementos de equipos docentes,  nin de extensión do pago delegado ao resto dos e das traballadoras do ensino concertado….. nin de nada….  O que lles gustaría é non escoitarnos… 

A diferenza do que lle acontece ao resto do estado, as crises en Galicia deben acadar dimensións bíblicas a xulgar polos recortes aos que nos teñen sometidos. Será pola nosa exposición atlántica? Sera polo anticiclón que leva anos instalado no Horreo? …   Parece que nos botaron un PPeigallo!!!

CCOO  SEGUIREMOS INSISTINDO EN QUE SEN MOBILIACIÓN NON HAI SOLUCCIÓN

CANDO SERÁ O MOMENTO PARA QUEN PODE LIDERALA?