Publicada a orde do acordo entre a Xunta e CCOO para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa

ORDE do 22 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CSIF para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221128/AnuncioG0597-211122-0003_gl.html

Acordo entre a Xunta e CCOO para o establecemento do complemento do desempeño no posto de traballo

O Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para o establecemento do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral da Xunta de Galicia contou co voto a favor das organizacións sindicais CC.OO. e UGT na Comisión Superior de Persoal do 28 de outubro de 2022, sinatura que tivo lugar coas organizacións sindicais o 22 de novembro de 2022.

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221128/AnuncioG0597-211122-0004_gl.html

Vota CCOO Ensino

Sentímonos orgullosos de ser feministas. As nosas candidaturas encabézanas catro mulleres que son o mellor exemplo para pedirche que o día 1 de decembro votes por CCOO Ensino.

Categorías Sen categorizar

#25N – Día Internacional para a Erradicación da Violencia de Xénero

As Confederacións Sindicais de Comisións Obreiras (CCOO) e da Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores (UGT) reiteramos o noso compromiso coa erradicación de calquera forma de violencia contra as mulleres e facemos un chamamento ás traballadoras e os traballadores e á cidadanía para combatelas ata a súa erradicación, tanto nos centros de traballo como no conxunto da sociedade. Chamamos a … Ler máis

CCOO exixe da Xerencia a presentación inmediata da súa proposta de carreira horizontal que debe implantarse con efectos de 1 de xaneiro de 2023 

A semana pasada publicouse no DOG un novo acordo de implantación da carreira profesional horizontal nunha administración de ámbito galego; un acordo que supón o establecemento de novas retribucións vinculadas á carreira profesional. Para o persoal Administración xeral da Xunta xa en 2018 se asinou o chamado Acordo de Concertación. Tamén no SERGAS, Axencia tributaria, distintos concellos e outros ámbitos … Ler máis

Vídeos das nosas candidatas. Eleccións sindicais 2022

É hora de exercermos o dereito ao voto. CCOO Ensino reivindica o sindicalismo útil: comprometido coa calidade do ensino, a carón do profesorado e cen por cento feminista e inclusivo. Nestes video curtos, explicamos coas nosas candidatas como afrontamos desde o noso sindicato todas quelas cuestións polas que pelexamos cada día grazas ao teu apoio.