Vídeos das nosas candidatas. Eleccións sindicais 2022
É hora de exercermos o dereito ao voto. CCOO Ensino reivindica o sindicalismo útil: comprometido coa calidade do ensino, a carón do profesorado e cen por cento feminista e inclusivo. Nestes video curtos, explicamos coas nosas candidatas como afrontamos desde o noso sindicato todas quelas cuestións polas que pelexamos cada día grazas ao teu apoio.