Como solicitar o voto por correo para as eleccións sindicais do vindeiro 1 de decembro

Como xa sabes o vindeiro 1 de decembro celebraranse as eleccións sindicais nos centros educativos das que sairán os delegados e delegadas sindicais de cada provincia. É imprescindible contar co teu voto polo que che pedimos que en caso de poder prever a túa ausencia nesa data no teu centro educativo, solicites o voto por correo. Deste xeito, poderás exercer o teu dereito e non perderemos o teu apoio tan importante. 

Queremos lembrar, que é habitual que nas votacións se produzan resultados tan axustados que se decidan delegados e delegadas por un só voto. Porén, é fundamental que contemos co teu apoio. 

Adxuntamos as instrucións no caso de que decidas optar polo voto por correo e poñémosnos á túa disposición para axudarche no proceso se así o requires.

PASOS A SEGUIR PARA O VOTO POR CORREO:

1.-  A persoa interesada tería que presentar a SOLICITUDE (modelo que enviou a Mesa Coordinadora ao Centro) nunha oficina de correos, en sobre aberto, para ser datada e selada polo persoal funcionario (quedarse cunha copia) identificándose diante do/a funcionario/a de correos co seu DNI. Ten o prazo ATA O DÍA 24 de NOVEMBRO (INCLUSIVE), pero por ser os prazos moi axustados, prégase a maior antelación posible.

Enderezos das Mesas Coordinadoras:

  • A Coruña: Mesa Coordinadora Provincial da Coruña. Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Univ. Rúa Vicente Ferrer, Núm. 2 – 7º – 15008 A Coruña
  • Lugo: Mesa Coordinadora Provincial de Lugo. Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Univ. Rolda da Muralla, nº 70 – 27071 Lugo
  • Ourense: Mesa Coordinadora Provincial de Ourense. Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Univ. Rúa Concello, nº 11 – 32003 Ourense
  • Pontevedra: Mesa Coordinadora Provincial de Pontevedra. Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Univ. Edificio Administrativo de Campolongo, Avda. M.a Victoria Moreno, nº 43 – 7º – 36003 Pontevedra

2.-  A Mesa Coordinadora, unha vez comprobado que a persoa está no censo, enviaralle ao enderezo indicado na solicitude, as papeletas e o sobre da votación.

3.-  A persoa electora deberá introducir o sobre co seu voto e a fotocopia do DNI noutro sobre de maiores dimensións e remitirao de novo por correo certificado á mesa electoral onde lle corresponde votar.

4.-  Os sobres de voto por correo recibidos na mesa electoral parcial será gardados e custodiados polo/a secretario/a da mesma ata o día 1 de decembro, día da votación. Se o voto se recibe unha vez rematada a votación non se computará e deberá ser incinerado.

5.-  Se a persoa que optase por emitir o voto por correo está presente o día da elección e decidise votar persoalmente terá que manifestalo ante a Mesa correspondente. Esta, despois de emitido o voto, procederá a entregarlle o voto efectuado con anterioridade por correo.