Publicado no DOG o procedemento para que o profesorado de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario

  • Publicada en DOG a ORDE do 28 de outubro de 2022 pola que se convoca o procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario.
  • O prazo para presentar solicitudes é do 10 de novembro ao 9 de decembro (ambos incluídos).
  • As solicitudes deberán realizarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento ED021A).