Xuntanza entre os responsables da DXFP e as organizacións sindicais (PSEC)
O día 27 de decembro de 2022 celebrouse unha xuntanza entre os responsables da DXFP e as organizacións sindicais da mesa xeral, para tratar as seguintes cuestións.
O día 27 de decembro de 2022 celebrouse unha xuntanza entre os responsables da DXFP e as organizacións sindicais da mesa xeral, para tratar as seguintes cuestións.
No DOG do 29 de decembro de 2022:
A formación do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico correspóndelle á Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) de acordo co que se establece no artigo 3 da súa lei de creación (Lei 4/1987, do 27 de maio), onde se estende a dita función ao persoal doutras administracións públicas, coa excepción do persoal docente e sanitario.
No DOG do 29 de decembro de 2022, RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2022 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2023.
Convocatorias de concursos-oposición extraordinarios de estabilización de PSEC para varios corpos e categorías:
Convocatoria do corpo superior da Administración xeral de Galicia (A1), corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral de Galicia (A1), escala de profesores numerarios do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral de Galicia (A1) e categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia
A partir do 1 de xaneiro, e durante todo o mes de xaneiro, os e as mutualistas que así o desexen poderán solicitar o cambio de entidade sanitaria, tanto se deciden adscribirse aos servizos públicos de saúde como ás entidades aseguradoras incluídas no Concerto de Asistencia Sanitaria: Asisa, DKV e SegurCaixa Adeslas. O cambio pode realizarse en calquera sentido.
Desde 2022 xa non se contempla o segundo período de cambio ordinario, que tiña lugar no mes de xuño.
Prazo para solicitudes: do día 16 de xaneiro de 2023 ao 10 de febreiro do 2023, ambos incluídos Convocatorias de concursos extraordinarios de estabilización de PSEC para varios corpos e categorías: Convocatoria do corpo superior da Administración xeral de Galicia, corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral de Galicia (A1) e categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo … Ler máis
Publicada no DOG a Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público de Galicia. É aplicable á oferta pública de emprego extraordinaria e mais aos procesos de estabilización de emprego temporal da Administración xeral de Galicia e entidades do seu sector público, con exclusión do Servizo Galego de Saúde.
Consulta a resolución que anuncia a convocatoria no DOG. O prazo de solicitudes será entre o 10 e o 30 de xaneiro de 2023.