Acordo para que a subida salarial da función pública se aplique sobre o persoal docente en pagamento delegado

CCOO  decide  aceptar  a  proposta  do  Goberno  de  España  en  materia  salarial  para  incrementos retributivos no ámbito da función pública para o período 2022-2024. Eses incrementos terán incidencia directa sobre o persoal docente en pagamento delegado, xa que CCOO asinamos cada un dos acordos sobre  analoxía  retributiva  que  permiten  que  esas  subas  salariais  se  acaben trasladando ao  sector do ensino concertado.