Apertura de novas listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades

Ábrense as listas de interinidades e substitucións nas seguintes especialidades:

1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):

  • 590004 Lingua castelá e literatura
  • 590010 Francés
  • 590124 Sistemas electrónicos
  • 590125 Sistemas electrotécnicos e automáticos

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591):

  • 591202 Equipamentos electrónicos
  • 591204 Fabricación e instalación de carpintería e moble
  • 591206 Instalacións electrotécnicas

3. Corpo de mestres (597)

  • 597033 Lingua estranxeira francés

4. Corpo de profesores de música e artes escénicas (594):

  • 594405 Clave
  • 594406 Contrabaixo
  • 594422 Percusión

Prazo de solicitudes do 22 de outubro ata o 28 de outubro

Proceso Selectivo de ingreso pola quenda libre para a categoría 001 do grupo V : Relación de Persoas que superaron o proceso

Publicada a Resolución do 2 de outubro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a // axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) e modificado pola orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo) pola que se da publicidade a diversos acordos. 

Comeza a negociación do VII Convenio da Concertada

Estamos a traballar para conseguir un convenio que dignifique as condicións laborais do conxunto de traballadores e traballadoras do Ensino Concertado, sen aceptar plantexamentos de renuncias como as que se asinaron no convenio en vigor.

Por iso presentamos a Plataforma reivindicativa froito de meses de traballo e das aportacións da afiliación  que recolle todo aquilo necesario para a mellora das condicións laborais das e dos traballadores da concertada. Velaquí podes ver un resumo coas reivindicacións máis salientables