CCOO ESIXE AS MESMAS CONDICIÓNS SALARIAIS PARA O PROFESORADO DE REFORZO NOS CENTROS CONCERTADOS QUE PARA O PROFESORADO EN PAGAMENTO DELEGADO

A Consellería de Educación insiste en manter condicións salariais moi inferiores ao resto do profesorado do ensino concertado para o profesorado de reforzo. Un episodio máis de precarización laboral e outro exemplo da escasa consideración que lle merecen as traballadoras e traballadores.

CCOO-Ensino e a Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública rexeitan o informe favorable do Ministerio a prol da creación da primeira universidade privada galega

A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública á que pertence CCOO-Ensino quere facer público o seu rexeitamento á decisión do Ministerio de Universidades de informar favorabelmente a creación da primeira universidade privada galega. O informe do Ministerio dirixido por Castells favorece a vontade da Xunta de entregarlle a Abanca un novo agasallo en forma de universidade privada que entra a romper un Sistema Universitario Galego (SUG) totalmente público. 

25 N – Todas as violencias doen. Abre os ollos!!! Actúa

CCOO-Ensino reafirma o seu COMPROMISO  contra as violencias machistas. Os dereitos das mulleres son dereitos humanos e, por tanto, todas as violencias contra as mulleres son agresións á humanidade, á xustiza e á dignidade. Velaquí podes descargar o comunicado da Federación de Ensino polo día internacional contra as violencias machistas