Comisión de Persoal 27 de novembro de 2020

O día 24 e o día 27 de novembro celebraronse, respectivamente, a xuntanza da mesa xeral de empregados públicos e a da comisión de persoal, na que se trataron os seguintes puntos.

1.- Modificación dos Estatutos do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

A modificación proposta é necesaria para adaptar os Estatutos á LOFAXGA no que atinxe ao réxime de persoal do Consorcio e todo co obxecto de dar cumprimento ás previsións contidas no Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CCOO, UGT e CIG para a integración do persoal do Consorcio no Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia. Por parte de CCOO manifestamos que non temos nada que obxectar ás modificacións propostas xa que van na mesma liña doutros entes que xa se adaptaron á LOFAXGA e tiveron que modificar os seus estatutos. Ademais, dixemos que se debe axilizar a tramitación e publicación desta modificación para afrontar os demais problemas que ten o Consorcio: aprobación da RPT, estabilización de postos a incluír na OPE 2020 e sucesivas, carreira profesional e integración do persoal, por tanto o VOTO de CCOO foi A FAVOR.

2.- Proposta de acordo dun plan temporal para facer fronte á crise sanitaria nos centros residenciais de persoas maiores e noutros centros sociosanitarios.

Tendo en conta que para CCOO, este Acordo debía ter en conta tres aspectos fundamentais: primeiro, que se garantisen os dereitos dos traballadores en materia de xornada, descansos, funcións, …; segundo, que os incentivos e as compensacións fosen acordes ás esixencias do traballo e terceiro, que as persoas usuarias dos centros residenciais e sociosanitarios recibisen a atención profesionalizada que merecen por parte de persoal cualificado, debidamente formado e con contrastada experiencia como son as persoas que integran os cadros de persoal sociosanitario da Xunta de Galicia, habíamos presentado as seguintes alegacións:

  • –  Que a adscrición aos equipos de apoio teña carácter voluntario. ACEPTADO

  • –  Que poidan establecerse ámbitos inferiores á provincia. ACEPTADO

  • –  Que a pertenza a un equipo de apoio implicará exclusivamente a realización de

    funcións propias da categoría. ACEPTADO

  • –  Que o tempo de servizos prestados nestes equipos se considerase como mérito para a carreira profesional, concursos, OPES e listas de contratación. ACEPTADO

Que se incrementase ao máximo posible a porcentaxe do complemento por responsabilidade

– Que se concedese un descanso compensatorio despois de rematar o traballo no equipo de apoio e antes de incorporarse ao centro de orixe.

Respecto ás dúas últimas cuestións, que estaban pendentes de contestación por parte da DXFP, e logo de manifestar que se aceptaba incrementar o complemento de responsabilidade ata os 300 euros brutos/mes (20%), así como que se recollía o goce de 5 dias hábiles, como descanso compensatorio despois de rematar o traballo no equipo de apoio, o VOTO de CCOO foi A FAVOR.

3.- O DXFP informa (non se permitiron rogos nin preguntas por tratarse ):

  1. a)  AMPLIACIÓN PERIODO GOCE VACACIÓNS E AP. – que ian mandar un novo punto da orde do día, para a mesa xeral de EEPP do martes día 1 de decembro, cunha proposta de modificación á instrucción de vacacións, permisos e licenzas, para permitir a ampliación do seu goce.

  2. b)  CRONOGRAMA PROCESOS SELECTIVOS. – que todos os procesos selectivos pendentes e os que se vaian a negociar a celebración das probas, quedaban aplazadas ata febreiro do ano 2021.

  3. c)  PUBLICACION ESTATUTOS CONSORCIO. – que o martes día 1 de decembro, estaba prevista a publicación no DOG, da modificación dos estatutos do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

  4. d)  PUBLICACIÓN ACORDO TELETRABALLO. – que nos próximos días se publicaría no DOG, o acordo sobre teletraballo na Xunta de Galicia.

  5. e)  NEGOCIACIÓN OPE 2020.- que a proposta de oferta pública de emprego para o ano 2020, ía a mesa xeral do día 1 e a comisión de persoal do día 2 de decembro.

  6. f)  PROPOSTA MODIFICACIÓN DO EBEP. – que o Goberno de Galicia formulou, na comisión de coordinación de emprego público estatal, a proposta de modificación do EBEP, para que se permita eliminar a taxa de reposición, co obxecto de poder incluir na OPE 2021, o 100% das vacantes vexetativas do ano 2020 e o 80 % da previsión de vacantes do propio ano 2021, para que se poidan ofertar mais prazas de acceso libre e así reducir a temporalidade a índices estructuais mínimos (deixando os postos cubertos por interinos, exclusivamente ao tempo que transcurre ata a resolución da oferta).