5 de Outubro. Dia Mundial das e dos docentes: Asumir o liderado
A crise da COVID-19 esixiu ao persoal docente moita creatividade, innovación e colaboración. Neste contexto, o seu liderado é fundamental dado o enorme impacto que poden ter na vida dos seus estudantes. Por iso, este ano as conmemoracións do Día Mundial das e dos Docentes están dedicadas a recoñecer o seu inestimable esforzo e traballo para brindar unha resposta educativa durante a pandemia.
