PREME PARA ACCEDER Á RESOLUCIÓN E A EXPLICACIÓN DE CÓMO FACER A SOLICITUDE:
Todo o que precisas saber para apuntarte nas novas listas que se abren a partir de hoxe:
Onde se fai a solicitude? | Na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365 |
Cando se fai a solicitude de inclusión na lista na que me quero anotar? | Unha vez se publique no portal de EDU XUNTA, teremos 5 días hábiles. |
Que documentación debo presentar á hora de realizar a solicitude? | Solicitude (procedemento ED003A) Certificación académica con nota media Mestres/as con Grao de Primaria con mención noutra universidade diferente: certificación desa mención. Para todos e todas agás corpo de mestres: Título de especialización didáctica (mestrado) ou equivalente coa excepción de quen teña unha experiencia docente de 2 cursos completos ou 12 meses previa ao 01/10/2009 (ou nalgunhas especialidade concretas de FP do 01/09/2014). LEBRAMOS QUE: cando non sexa posible nomear candidatos que estean en posesión do dito máster O Real decreto lei 31/2020, do 29 de setembro establece a exención temporal do requisito da formación pedagóxica e didáctica de posgrao, ou equivalente, para o nomeamento de persoal funcionario Documentación que acredite exención ou bonificación de taxas Taxas administrativas pola tramitación da solicitude |
Unha vez que se presente por primeira vez esta documentación na sede electrónica xa non será necesario facelo para listaxes posteriores. Tan só se deberá facer constar en que momento se entregou.