Seguimos ao teu carón!
Novos tempos, pero o mesmo traballo
Gardamos as distancias, pero seguimos ao teu carón
Novos tempos, pero o mesmo traballo
Gardamos as distancias, pero seguimos ao teu carón
Preme para acceder ao DOG coa resolución. PERÍODO DE RECLAMACIÓNS, 10 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DO VENRES 9 DE OUTUBRO
Realizada a primeira fase da funcionarización do persoal laboral, os días 3 e 4 de outubro en Silleda, sen incidencias sanitarias
Velaqui podes ver o resumo das medidas máis importantes recollidas no RD30/2020 de Medidas Sociais en Defensa do Emprego
Na Mesa Sectorial de Docentes de Pública Non Universitaria do martes 6 de Outubro, tratáronse unha Addenda ao Acordo de Persoal Interino para adaptar o acordo ao RD31/2020 e a Orde do Concurso de Traslados.
Velaquí podedes ver a intervención de CCOO-Ensino con respecto ao Acordo de Persoal Interino, ao Concurso de Traslados e en Rogos e Suxestións
A Conselleria confirma que o prazo do Concurso de Traslados será do 5 ao 26 de novembro
A crise da COVID-19 esixiu ao persoal docente moita creatividade, innovación e colaboración. Neste contexto, o seu liderado é fundamental dado o enorme impacto que poden ter na vida dos seus estudantes. Por iso, este ano as conmemoracións do Día Mundial das e dos Docentes están dedicadas a recoñecer o seu inestimable esforzo e traballo para brindar unha resposta educativa durante a pandemia.
O apartado 2.A.3. do Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, versión 16-09-2020, establece:
"Se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19, o alumnado ou o persoal do centro que convivan con elas non poderán acudir ao centro ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo. A persoa afectada ou a súa familia comunicarán o resultado á persoa coordinadora COVID do centro".
Os días que o persoal docente e non docente non poida acudir ao centro por esta circunstancia, xustificará a ausencia cunha declaración responsable (descargar modelo en PDF editable)
Infórmate de todos os cursos que temos dispoñibles: Prevención de la violencia de género en el entorno educativo 30 horas | del 14 de septiembre al 16 de octubre Inscripción hasta el 14/09 25€ con afiliación | 50€ sin afiliación Resolución de conflictos en el entorno educativo 30 horas | del 1 de octubre al 31 de octubre Inscripción hasta … Ler máis