Listas provisionais de axudas aprobadas e denegadas do FAS (fondo de acción social)

As mencionadas listas figuran na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS. As persoas solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e o código de impresión da súa solicitude para coñecer integramente o acto.

Contra a resolución provisional dos expedientes as persoas solicitantes poderán presentar reclamación e, se é o caso, emendar os defectos que motivan a exclusión provisional no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A reclamación poderase presentar en calquera dos rexistros públicos, oficinas de Correos e demais lugares establecidos no artigo 16.4 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As reclamacións e achegas de documentos deberán dirixirse ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, no Edificio Administrativo San Caetano, núm. 1, piso 2o, 15770 Santiago de Compostela.