Unha caravana do persoal do ensino concertado percorrerá as principais cidades galegas o xoves, 26 de novembro

O persoal do ensino concertado mobilizarase este 26 de novembro con caravanas de coches en cinco cidades galegas para esixir a apertura de negociacións e melloras nas súas condicións laborais, como paso previo á folga do 15 de decembro.