Ensino non presencial dos centros de ensinanzas de réxime especial a partir do mércores 27 de xaneiro

Na xuntanza co Conselleiro anunciábase que co obxectivo de reducir a mobilidade, a partir do mércores 27 de xaneiro e ata o mércores 17 de febreiro, os conservatorios de música e danza e as escolas oficiais de idiomas pasarán a un ensino de carácter non presencial. Finalmente se incrementaron os centros con esta suspensión tal e como se publica no DOG. (PREME PARA VER O DOG) O DOG PUBLICA … Ler máis

A iniciativa de CCOO de xudicializar o XII convenio colectivo do sector dá os primeiros froitos

O 25 de xaneiro celebrouse o acto de mediación no SIMA (Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe), a raíz dos conflitos colectivos interpostos por CCOO e CIG, co obxecto de adecuar as táboas salariais ao SMI (salario mínimo interprofesional). As pretensións de CCOO —a diferenza da CIG que só se centraba no primeiro punto— son dúas:     Que ningunha traballadora … Ler máis

Convocatoria Ampliación Oposicións para o Corpo de Profesorado de PTFP

Publicada no DOG a Orde pola que se modifica a convocatoria de oposicións e se amplía o número de prazas do corpo de PTFP

‌ Prazo de solicitudes: do 26 de xaneiro ao 15 de febreiro na páxina de OPOSICIÓNS na web da Consellería

Velaquí poderedes consultar a nosa REVISTA TE con toda a información relativa ás probas e a todos os corpos, o TITORIAL en formato pdf para facer a solicitude de inscrición no proceso e o VIDEOTITORIAL que pode axudarte coa aplicación

CCOO solicita da USC que se facilite o traballo non presencial do PAS

Urxen medidas excepcionais ante o recrudecemento da pandemia A sección sindical de CC.OO considera que a xerencia da USC debe revisar a súa política en relación á negativa a favorecer o traballo non presencial do PAS. Debe entenderse que, ante unha situación excepcional, é necesario aplicar novamente medidas excepcionais. A situación sanitaria na que está inmersa neste momento a USC … Ler máis

Resolución definitiva das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato

Resolución definitiva do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, nos centros docentes públicos. (702400) (código de procedemento ED003A)

‌ Baremo

‌ Relación de excluídos