CCOO ENSINO denuncia a pasividade da Consellería de Educación fronte a nova onda da pandemia nos centros educativos

Desde CCOO Ensino, xa denunciaramos ao inicio do curso escolar que o protocolo e as medidas adoptadas pola Consellería para facer fronte á COVID-19 eran insuficientes. Nin se baixaron as ratios, nin se adoptaron todas as medidas hixiénico-sanitarias pertinentes. Alén disto, tampouco se tiveron en conta as medidas que cumpriría adoptar á volta dos períodos de vacacións.

 

CCOO Ensino esíxelle ao goberno da Xunta que aprobe con carácter de urxencia os orzamentos que inclúen a suba retributiva das empregadas e empregados públicos

Atrasar a aprobación dos orzamentos de Galicia tendo maioría absoluta no Parlamento carece de sentido, polo que o sindicato insta a aprobalos sen demora para que as empregadas e empregados públicos vexamos incrementados os nosos salarios grazas aos acordos que logramos. Cómpre lembrar que as nosas nóminas (tanto no ensino público coma no ensino concertado) veranse incrementadas en 30 € mensuais no complemento específico grazas ao acordo asinado en 2018 por CCOO.