A LOMLOE ESTABLECE A INTEGRACIÓN DO PROFESORADO TÉCNICO DE FP NO CORPO DE PES
No texto da Lei remitido ao Senado figura unha Disposición Adicional na que o corpo de PTFP con titulación universitaria ou equivalente se integra no corpo de PES
No texto da Lei remitido ao Senado figura unha Disposición Adicional na que o corpo de PTFP con titulación universitaria ou equivalente se integra no corpo de PES
CCOO asinou o pasado 18 de novembro o VII Convenio colectivo do sector, que terá vixencia ata o 31 de decembro de 2021. O acordo representa un avance na mellora das condicións laborais de quen quedan baixo o seu paraguas
Liña de tempo coas accións levadas a cabo por CCOO ensino desde o inicio da pandemia
PREME PARA ACCEDER AO DOG: RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Na reunión celebrada onte co fin de abordar a adaptación das táboas salariais ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI), segundo a disposición final cuarta do convenio colectivo, as organizacións empresariais amosaron unha vez máis a súa intransixencia e insensibilidade cara ao conxunto das e dos traballadores e negáronse a negociar unha saída para as táboas que non cumpran a lexislación vixente unha vez que se coñeza o SMI para este 2020.
A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública á que pertence CCOO-Ensino quere facer público o seu rexeitamento á decisión do Ministerio de Universidades de informar favorabelmente a creación da primeira universidade privada galega. O informe do Ministerio dirixido por Castells favorece a vontade da Xunta de entregarlle a Abanca un novo agasallo en forma de universidade privada que entra a romper un Sistema Universitario Galego (SUG) totalmente público.
Na orde que regula os criterios e procedementos para distribución de máscaras no alumnado establece que a xestión recaerá nos centros educativos.
O anuncio feito pola Xunta de Galicia en dias pasados da OPE para o 2021, non inclúe prazas no sector docente. As anunciadas corresponden á OPE do 2020 que se executarán o vindeiro ano.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 18 de novembro ata o día 24 de novembro de 2020, ambos incluídos.
A solicitude de inscrición debe cubrirse na Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A
Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberáse formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.
Non admitirán ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.