CCOO ensino reclama ante a Inspección de Traballo que nas aulas se cumpran as condicións de temperatura e niveis de CO2 establecidos para garantir a seguridade e a saúde nos centros educativos

O Real Decreto 486/1997 polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo contempla que “a temperatura dos locais onde se realicen traballos sedentarios propios de oficinas ou similares estará comprendida entre 17 e 27 ºC”

Esta medida contemplada no Real Decreto pode verse dificultada coa ventilación frecuente das instalacións e os espazos que se recollen no protocolo de adaptación ao contexto covid-19 nos centros educativos.

CCOO ensino, apremia a que se mida a temperatura das aulas e no caso de que esta imposibilite a actividade lectiva por non acadar o rango adecuado contactedes con nós. É preciso que midas a temperatura da aula e nos achegues unha foto con esa medición a ensino@galicia.ccoo.es e actuaremos en consecuencia.