Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Débese acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos débese posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia
3º. Seguir os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembrar anexar, coa solicitude e a restante documetación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.