Non terán que realizar unha nova solicitude aquelas persoas que a fixeron no prazo do 1 de xuño ao 19 de xuño de 2020.
Aquelas persoas que presentaran a solicitude de participación neste proceso no prazo de inscrición comprendido entre o 1 de xuño e o 19 de xuño de 2020 e desexen modificar a quenda de ingreso, a exención da proba de coñecementos da lingua galega ou outra circunstancia, poderán facelo mediante a formalización dunha nova solicitude que anulará a anterior, sen necesidade de que efectúen un novo pagamento das taxas.

