Convocatoria de actividades formativas para o Persoal de Administración e Servizos

A EGAP publica no DOG actividades formativas, na modalidade de teleformación, que forman parte do Plan formativo ofimático de Galicia e en materia de idiomas, dirixidas, entre outros destinatarios, ao PAS das universidades galegas Ver convocatoria de ofimática O prazo de matrícula remata o día 20 de febreiro, e a solicitude de participación só poderá realizarse a través da páxina … Ler máis

Comunicado sobre a Xunta de Persoal de Ourense

Constituídas as catro xuntas de persoal docente non universitarias en cada provincia derivadas das eleccións sindicais do 1 de decembro. Como aconteceu hai catro anos, na Xunta de Persoal de Ourense, malia ser a organización máis votada e a que máis creceu en apoio, se lle priva a CCOO de ser a organización que asuma presidencia e secretaria, acordando CIG … Ler máis

Publicadas listas definitivas de contratación (PSEC)

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

As listas poden consultarse das seguintes maneiras:

Listaxe definitiva de admitidos/as no concurso de méritos extraordinario de estabilización

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, convocados mediante a Orde do 19 de outubro de 2022. ‌Procedemento de reclamación: interposición de recurso de reposición na sede electrónica utilizando o código de procedemento: ED001B ou mediante solicitude xenérica (en caso de non aparecer na listaxe … Ler máis

Convocados cursos de lingua galega gratuítos Celga 2, 3 e 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos de lingua galega de 70 horas preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Os cursos ofrécense en dúas modalidades: presenciais e en liña.

‌ Plataforma para realizar a inscrición

‌ Resolución da convocatoria en PDF

‌ No Portal da lingua galega

Día internacional da muller e da nena na ciencia

É imprescindible visibilizar as mulleres referentes do sector e impulsar unha coeducación científica realmente transversal para, deste xeito, incrementar a presenza das mulleres na investigación, porque a ciencia e a innovación son liñas estratéxicas imprescindibles para conseguir un mundo máis xusto, solidario e igualitario.

A Federación de Ensino de CCOO reclama máis recursos para poder facer efectiva esa coeducación e a presenza dunha figura que, en igualdade e coas horas de dedicación que esta actividade esixe, poida realizar as funcións necesarias para o seu desenvolvemento e o do colectivo que integra.

Publicados os Proxectos de Orde polos que se establecen a ordenación e o currículo da Educación Infantil e Primaria de Galicia

‌ Proxecto de Orde de Educación Infantil

‌ Proxecto de Orde de Educación Primaria

Dende o día 7 ao 27 de febreiro de 2023 atópanse publicados no portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia, en prazo de envío de suxestións.

A administración debería levalos a Mesa Sectorial antes da súa aprobación.

Información sobre procesos selectivos. Publicacións en DOG do 6 de febreiro de 2023. (PSEC).

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023 pola que se fai pública a modificación dos temarios que rexerán os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías da Administración xeral e da Administración especial da … Ler máis

Guía de vacacións, permisos e licenzas 2023

Publicamos a guía de vacacións, permisos e licenzas 2023 elaborada por CC.OO. da USC Como todos estes anos dende CCOO da USC ofrecemos a todo/as os/as traballadores/as da USC un resumo das instruccións de Xerencia relativas a vacacións, permisos e licenzas para ter unha guía de referencia á hora de saber os nosos dereitos Podedes descargalo ou imprimilo dende aquí: … Ler máis