Información sobre procesos selectivos. Publicacións en DOG do 6 de febreiro de 2023. (PSEC).

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023 pola que se fai pública a modificación dos temarios que rexerán os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías da Administración xeral e da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230207/AnuncioG0597-060223-0002_gl.html

 

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023 pola que se modifica a Resolución de 20 de decembro de 2022 pola que se aproban os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral, subgrupo A2, correspondentes a os procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución na temporalidade no emprego público.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230207/AnuncioG0597-060223-0001_gl.html

 

RESOLUCIÓN de 6 de febreiro de 2023 pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, modificadas pola resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número nº 15, do 23 de xaneiro) e se convocan procesos selectivos, pola quenda de acceso libre, para a escala de axentes de Inspección, especialidade de Consumo, subgrupo C1, para a escala de persoal de mantemento, subgrupo AP e para analista xestor de contidos web (persoal propio do Cixtec).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230207/AnuncioG0597-060223-0003_gl.html

 

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023 pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 27 de decembro), polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso-oposición, modificadas pola resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 15, do 23 de xaneiro) e se convocan procesos selectivos, pola quenda de acceso libre, para a escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2 e para a escala de persoal de mantemento, subgrupo AP.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230207/AnuncioG0597-060223-0004_gl.html