Comunicado sobre a Xunta de Persoal de Ourense

  • Constituídas as catro xuntas de persoal docente non universitarias en cada provincia derivadas das eleccións sindicais do 1 de decembro.
  • Como aconteceu hai catro anos, na Xunta de Persoal de Ourense, malia ser a organización máis votada e a que máis creceu en apoio, se lle priva a CCOO de ser a organización que asuma presidencia e secretaria, acordando CIG e ANPE repartirse os cargos de presidencia e secretaría respetivamente.
  • Só unha “fronte anti CCOO” de tres organizacións, que so teñen en común a oposición a CCOO e o desexo de acceder a un cargo, impediu asumir a presidencia á organización que obtén máis delegados e votos (preto do 40 por cen do total) e máis creceu en apoio (máis incremento de votos que o resto de sindicatos xuntos).
  • CCOO seguirá traballando os seguintes catros anos polo profesorado ourensán, por riba de cargos e “cadeiras”, algo que só importa a outras organizacións que non conseguiron nas urnas o apoio maioritario do profesorado.