CCOO denuncia a posible vulneración da negociación colectiva e a falta de transparencia na creación do complemento salarial para o PTFP

No Consello da Xunta de 2 de marzo, aprobouse un complemento salarial específico para compensar a 665 docentes do corpo Profesores Técnicos de FP que non poden integrarse no corpo de Profesorado de Ensino Secundario (PES). CCOO Ensino congratúlase por iso, pero déixase a súa sorte a outros colectivos. Ademais, a negociación das condicións salariais ten o seu ámbito na Mesa Sectorial e os interlocutores son as organizacións sindicais.

CCOO Ensino denuncia que non se pretenda estender o dereito ao complemento salarial ao profesorado interino con carácter retroactivo, como vai suceder co profesorado de carreira. Tampouco se estende aos compañeiros do corpo de sectores singulares da FP, nin ao profesorado xubilado despois de xaneiro de 2019.

Finalmente, CCOO Ensino reclama que tal complemento salarial sexa tamén extendido ao resto de persoal docente que permanece aínda en grupo A2.

‌ Nota de prensa

Apertura de listas de contratación e outras novidades (DOG PSEC)

RESOLUCIÓN  do  21  de  febreiro  de  2023,  da  Dirección  Xeral  da  Función Pública, pola que se acorda o peche de determinadas listas, así como a apertura doutras para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario 
interino, correspondentes a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.

Xa podes participar na segunda edición do Barómetro Internacional de Saúde e Benestar do Persoal Educativo

A Internacional da Educación, en colaboración coa Rede Educación e Solidariedade e a cátedra Unesco de Educación e Saúde, puxeron en marcha en 2021 o primeiro Barómetro Internacional de Saúde e Benestar do Persoal Educativo. Este ano lánzase a segunda edición deste Barómetro na que participarán 13 países, entre eles España (coordinado pola Federación de Enseñanza de CCOO).

‌ Folla de man asociada

‌ Cuestionario anónimo

O Convenio de Discapacidade segue plenamente vixente por estar en ultraactividade

A organización sindical FSIE está tratando de trasladar aos centros de traballo unha interesada confusión sobre a situación do Convenio Colectivo. Cando din que seguimos sen convenio, minten. Hai que recordarlles que as persoas traballadoras están perfectamente protexidas, xa que empresas e entidades están obrigadas a seguir aplicando todo o articulado acordado no XV Convenio Colectivo, ao atoparse en situación de ultraactividade.

‌ Consulta o infórmaTE

Convocadas actividades de formación continua en materia de idiomas (PSEC)

  • Modalidade presencial e teleformación.
  • Os idiomas inclúen lingua de signos.

 

  • Inscrición en https://egap.xunta.gal/matricula/.
  • Pódese solicitar inscrición en tres actividades formativas, como máximo.
  • Só se poderá solicitar un nivel por cada idioma ofertado.