Actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2020 das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral

CCOO asina o preacordo do VII Convenio Colectivo

Logo das consultas realizadas á afiliación, que por ampla maioría deu o seu visto e prace ao texto proposto, CCOO asinou o preacordo que abrangue os elementos máis destacables do que será o VII Convenio Colectivo. Iníciase agora un período para trasladar os puntos recollidos nese preacordo ao articulado do novo convenio colectivo. A diferenza do que se asinou no anterior, que … Ler máis

Nomeamentos como laboral fixo e persoal funcionario de diversos procesos selectivos

Proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

  • Proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

  • O modelo de solicitude estará á disposición no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, no seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion. A persoa solicitante deberá dispoñer dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), DNI electrónico ou Chave 365.
  • ‌  PREME PARA VER O DOG DA CONVOCATORIA