Chamamentos 1º exercicio procesos selectivos

Tribunal proceso selectivo no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores (subgrupo A2)

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Previsión de convocatorias de exercicios para desenvolver en xullo de 2021

Os procesos poderán celebrarse en distintas sedes e a súa distribución virá determinada polo número de aspirantes de cada proceso e polo enderezo reflectido na súa solicitude, así como a quenda ou a opción á que son convocadas. As tres sedes poderán ser:

  • SILLEDA: Feira Internacional de Silleda. Recinto Feiral, s/n – 36540 Silleda

  • LUGO: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Avda. dos Deportes, s/n, 27004 Lugo

  • SANTIAGO: Recinto Feiral de Amio. Rúa de Amio s/n. 15890 Santiago

Nota informativa respecto da RPT que afecta ao persoal non docente dos centros de ensino

Na xuntanza mantida coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, CCOO ENSINO solicitou a inmediata inclusión na relación de postos de traballo (RPT) de todas as vacantes de nova creación, así como o pagamento dos complementos a aquelas/es traballadoras/es que non están a percibilos e a negociación da reducción das ratios para todo o persoal non docente

Proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo de varias categorías pertencentes ao grupo V, do V convenio colectivo do persoal laboral

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo de varias categorías pertencentes ao grupo V, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Adquisición de condición de persoal funcionario subgrupos A2, C1, C2 e grupo B

Procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de Administración xeral, corpo facultativo de grao medio de Administración especial, corpo administrativo de Administración xeral, corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, corpo auxiliar de administración xeral, corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupos A2, C1, C2, grupo B e da escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario da Comunidade Autónoma de Galicia, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos II, III, IV e V, do V Convenio colectivo do persoal laboral