Instrución pola que se modifican as instrucións de 29 de marzo de 2021, sobre a cobertura mediante determinadas figuras de provisión temporal de postos clasificados como de persoal laboral

Única.- Modificación da instrución segunda sobre a cobertura mediante determinadas figuras de provisión temporal de postos clasificados como de persoal laboral.

Amplíase ata o 30 de setembro de 2021 a data límite para poder prover postos mediante adscrición temporal e mobilidade funcional de desempeño en funcións de superior categoría das categorías incluídas en procesos de funcionarización nas escalas e especialidades de medicina, psicoloxía, pedagoxía, enfermería, educador, fisioterapia, traballo social, terapia ocupacional, xardín de infancia e auxiliares de clínica dos corpos facultativos de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

As persoas que estean desempeñando actualmente postos incluídos no ámbito sinalado no parágrafo anterior a través destas modalidades de provisión poderán continuar desempeñándoos sen necesidade de nova convocatoria ata o límite temporal máximo previsto nas normas que as regulan.