Publicación das listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral

  • PREME PARA VER A RESOLUCIÓN EN DOG
  • As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n,Santiago de Compostela).

Información publicada dos procesos selectivos dos últimos días (Administración Autónoma)

‌ PREME PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN

  • FUNCIONARIOS GRUPO A2 ESCALA 208B – ANO 2019 – SEC 01
  • FUNCIONARIOS GRUPO A2 ESCALA 205F – ANO 2015 – SEC 01
  • FUNCIONARIOS GRUPO A2 ESCALA 2077 – ANO 2016 – SEC 01
  • FUNCIONARIOS GRUPO C1 ESCALA 2053 – ANO 2019 – SEC 01
  • FUNCIONARIOS GRUPO C2 ESCALA 2059 – ANO 2019 – SEC 01
  • LABORALES GRUPO 4 ESCALA 001 – ANO 2019 – SEC 01
  • LABORALES GRUPO 3 ESCALA 002 – ANO 2019 – SEC 01
  • LABORALES GRUPO 3 ESCALA 062 – ANO 2019 – SEC 01
  • FUNCIONARIOS GRUPO A1 ESCALA 2083 – ANO 2018 – SEC 01
  • FUNCIONARIOS GRUPO A2 ESCALA 2085 – ANO 2018 – SEC 01
  • FUNCIONARIOS GRUPO AP ESCALA 2055 – ANO 2018 – SEC 01
  • FUNCIONARIOS GRUPO A2 ESCALA 2051 – ANO 2020 – SEC 01
  • FUNCIONARIOS GRUPO A2 ESCALA 208B – ANO 2019 – SEC 01
  • FUNCIONARIOS GRUPO A1 ESCALA 2071 – ANO 2021 – SEC 01

Listas definitivas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia de determinados grupos e categorías

Grupo I, categorías 2 (médico e outras), 6 (titulado/a superior psicólogo/a) e 11 (titulado/a superior pedagogo/a); grupo II, categorías 2 (ATS e outras), 6 (educador/a. Profesor/a especial), 11 (fisioterapeuta), 17 (asistente social) e 20 (terapeuta ocupacional); grupo III, categoría 50 (técnico/a especialista en xardín de infancia), e grupo IV, categoría 3 (auxiliar de clínica e outras.

‌  RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia de determinados grupos e categorías.

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira SUBGRUPO C2

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo de varias categorías pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Chamamentos 1º exercicio procesos selectivos

Tribunal proceso selectivo no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores (subgrupo A2)

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.