CCOO anuncia mobilizacións a nivel estatal se MUFACE non ofrece garantías nin unha resposta clara

Ante a incerteza dun novo concerto sanitario para os próximos anos dos nosos empregados públicos e os seus familiares, CCOO reclamou, na reunión do consello xeral de MUFACE celebrada hoxe, que, debido á gravidade da situación, deberíase abordar de maneira exclusiva o futuro da entidade e a garantía do servizo sanitario para todas as persoas mutualistas.

Oposicións no ano 2025

O Presidente Rueda anunciou hoxe que a Xunta lanzará unha nova oferta de emprego público en 2025 co fin de consolidar o cadro de persoal docente ata chegar ao máximo da taxa de reposición (120 %).

Desta maneira, aínda que non se coñecen as especialidades que se convocarán nin o reparto de prazas por especialidade, si que se pode contar cunha convocatoria de entre 1 000 e 1 500 prazas, na liña das ofertas correspondentes aos últimos exercicios.

Denuncia ante a Valedora do Pobo pola inadecuada aplicación do “Acordo de medidas de mellora”

No día de hoxe, as tres organizacións asinantes do “Acordo de medidas de mellora” (CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP) presentamos unha denuncia ante a Valedora do Pobo pola inadecuada aplicación que a Xunta de Galicia está facendo deste acordo malia o contido do texto publicado no DOG e asinado polo Presidente Rueda.