Novas Ensino Público
ÉXITO ROTUNDO NA XORNADA DE LOITA CONTRA AS REVÁLIDAS
O éxito desta xornada de loita débese á Plataforma en defensa do Ensino Público de Galicia da que forma parte CCOO. Foron as organizacións desta plataforma as que vaciaron as aulas. Foron as organizacións desta plataforma as que encheron as rúas. Hoxe acabamos coas reválidas. Mañá acabaremos coa LOMCE.
PRETO DO 90% DO ALUMNADO BALEIRA ÁS AULAS CONTRA ÁS REVÁLIDAS E A LOMCE
CCOO Ensino considera que a comunidade educativa di un claro NON á Lomce e ás reválidas de ESO e Bacharrelato. A federación de ensino de CCOO aplaude o apoio ás mobilizacións convocadas pola Plataforma en defensa do Ensino Público de Galicia nas principais vilas e cidades galegas.
CCOO Ensino exíselle á consellería a non aplicación do RD de reválidas.
CONCENTRACIÓNS 26 DE OUTUBRO
– Facer un chamamento a alumnado, familias, profesorado e á sociedade civil en xeral á participación ás manifestacións que terán lugar o dia 26 de outubro nas seguintes cidades:
A Coruña – Delegación do goberno, praza de Ourense, 19:30 horas
Ferrol – Edificio da Xunta, 12 horas
Santiago – Alameda, 12 horas
Ribeira – Praza do concello, 19:30 horas
Muros – Praza do concello, 12 horas
Lugo – Edificio multiusos, 19:30 horas
Ourense – Subdelegación do goberno, 19:30 horas
Pontevedra – Praza da peregrina, 18 horas
Vigo – Praza de américa, 12 horas
Campaña de asesoramento xurídico e sindical en aplicación das sentenzas do Tribunal da Unión Europea
ASEMBLEAS INFORMATIVAS EN VIGO Xoves 27 de outubro, no local de CCOO (rúa Teixugueiras 11, entrechán). 17hs:PersoalFuncionarioDocente con contrato temporal nos anos 2011 ao 2016. 18:30hs: Persoal laboral Xunta e docentes de privados e concertados. DESCARGA O CARTAZ DA ASAMBLEA
A FEDERACIÓN DE ENSINO DE CCOO DE GALICIA APOIA A FOLGA DO DÍA 26
FOLGA EDUCATIVA EN TODO O ESTADO, CONVOCADA POLOS ESTUDANTES E AS FAMILIAS
A FEDERACIÓN DE ENSINO DE CCOO DE GALICIA APOIA ESTA CONVOCATORIA E FAI UN CHAMAMENTO AO PROFESORADO PARA PARTICIPAR NAS CONCENTRACIÓNS QUE SE CONVOCAN ÁS 19:30 H EN A CORUÑA, OURENSE, E LUGO E AS 18:00 H EN PONTEVEDRA
– COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA
DESCARGA OS CARTACES DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA DAS CONCENTRACIÓNS:
DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA
Dende a Federación de ensino de CCOO de Galicia queremos mandar forza e enerxía positiva a todas esas loitadoras que van a gañar a batalla!
A Plataforma en defensa do ensino público de Galicia reúnese con En Marea
A Plataforma en defensa do ensino público de Galicia, formada por CCOO Ensino, Ugt, Confapa, sindicato de estudantes, Iesga e Escola Viva,reúniuse no día de hoxe co grupo parlamentar de En Marea para debatir sobre o Real Decreto de reválidas e recortes educativos.
A reunión foi moi productiva e o grupo parlamentar, e En Marea, manifestou o seu apoio ás mobilizacións do día 26, ás que CCOO-Ensino chama a participar.
X CONGRESO DA FEDERACIÓN DE ENSINO DE CCOO DE GALICIA
Ponencias e Estatutos 11º Congreso CS CCOO Propuesta Ponencia y Estatutos 12º Congreso FECCOO Relatorio e Estatutos 11º Congreso SN de CCOO 11.º Congreso do S. N. de CCOO – Normas congresuais X Congreso Ensino. Anexo organizativo Normas Congresuales 11º Congreso Confederal de CCOO Normas Congresuais 11º Congreso do SN de CCOO Normas … Ler máis
Mesa sectorial 11 outubro
Accede aos resumos dos diferentes apartados tratados na mesa sectorial do 11 de outubro de 2016: ÍNDICE RESUMO MESA Orde pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres … Ler máis
