As razóns para esta solicitude, e que son as que se presentan no escrito, son as seguintes:
– O goberno do estado vén de acordar coas Comunidades Autónomas a supresión da taxa de reposición nas ofertas de emprego público en sanidade, educación e servizos sociais nunha xuntanza previa á conferencia de presidentes que se celebrará o vindeiro 17 de xaneiro
– Nos últimos anos por mor das políticas de axuste levadas a cabo polos gobernos estatais e autonómico, a taxa de interinidade pasou a cifras que superan o 13%, coa conseguinte transformación de emprego de carácter estrutural en emprego temporal.
– As últimas sentenzas do TXUE sobre o emprego temporal van na liña de declarar non axustadas á lei que as prazas de carácter estrutural se cubran con carácter de temporalidade mais aló do que establece o EBEP.
– Desde esta organización entendemos que a solución pasaría por unha OPE ampla que non se limitara á reposición das xubilacións producidas ata o 31 de decembro. O acordo acadado coas comunidades autónomas permite unha OPE sen restrición algunha de taxa. Demandamos que na vindeira OPE se oferten todas as prazas de caracter estrutural, transformando así o emprego temporal en fixo, tal como aconsellan e ditaminan as últimas sentezas do TXUE.