CCOO-Ensino denuncia que a Consellería non pode decidir a data da xubilación voluntaria
Cando unha ou un docente de clases pasivas decide xubilarse de forma anticipada tamén decide a data de xubilación. A administración educativa está a dicir a quen solicita a xubilación anticipada que debe consignar o último día do mes que decidan xubilarse. Pois ben está a extralimitarse nas súas competencias.
