Alerta laranxa por refachos de vento superiores aos 90-100 Km/h en toda Galicia.

 A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxadende as 15 horas en adiante (aproximadamente) do venres 3 de febreiro de 2017, por refachos de vento superiores aos 90-100 km/h que afectarán a toda Galicia.

 Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 15.00h (tanto escolares como extraescolares) das instalacións do centro escolar situados en tódolos concellos de Galicia, con seguimento das condicións climáticas.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.

 A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) .