A Consellería de Educación convoca prazas para docentes en 25 especialidades

A Consellería de Educación convocará prazas nas oposicións de docentes en 25 especialidades  de docencia diferentes.

En concreto, convocaranse prazas de mestre en todas as especialidades, nomeadamente as de Educación Infantil, Educación Primaria Lingua Estranxeira Inglés, Lingua Estranxeira Francés, Educación Física e Música. Ademais, e para continuar garantindo o máximo nivel de inclusividade para o alumnado con necesidades especiais de atención educativa convocaranse prazas en  Pedagoxía Terapéutica e en Audición e Linguaxe.

No referido ao profesorado de Secundaria, haberá oferta en doce especialidades, en concreto nas de Lingua e Literatura Galega, Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Educación Física, Análise e Química Industrial, Asesoría e Imaxe Persoal, Hostalería e Turismo e na de Organización e proxectos de fabricación mecánica.

No caso dos profesores técnicos de Formación Profesional, as prazas serán para Cociña e pastelería, Equipos electrónicos, Laboratorio, Mantemento de vehículos e Sistema e aplicacións informáticas.

CCOO-Ensino denuncia que unha vez mais esta Consellería despreza aos axentes sociais ao terse comunicado as especialidades que seran obxecto de OPE na súa páxina web  sen previa comunicación das mesmas.

CCOO-Ensino demandara da Consellería a xuntanza da Comisión de seguemento do acordo de interinos para tratar os asuntos referidos á temporalidade no ensino público en Galicia e facer un estudo das necesidades do mesmo para abordar a recuperación do emprego perdido en todos estes anos de baixas taxas de reposición.

Asi mesmo, CCOO-Ensino demandou a convocatoria de todas as prazas estruturais existentes, en consonancia co marcado polas sentenzas do TJUE sobre temporalidade no emprego, e como inicio da recuperación dos case tres mil postos docentes perdidos nos últimos anos.