CCOO ENSINO concéntrase diante do Parlemento galego en defensa dos servicios públicos e pola recuperación dos dereitos roubados.

 

Segundo a Xunta de Galicia, este sería o ano da recuperación. Tras máis de oito anos de recortes de dereitos, rebaixas salariais, destrución de emprego, privatización de servizos e sacrificios sen fin, o certo é que os orzamentos autonómicos para o 2017 son … máis do mesmo.

Se os propios datos da Xunta confirman a mellara da situación económica, CCOO e UGT consideramos abrigada a recuperación dos dereitos roubados. Por esta razón, esiximos que os orzamentos do 2017 atendan aos seguintes criterios:

• Eliminación da taxa de reposición

• Ofertas excepcionais de emprego en sanidade, ensino, administración xeral e laborais

• Recuperación efectiva do poder adquisitivo

• Aplicación, na súa totalidade, do V Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia

• Concursos de traslados, de xeito sistemático e continuo, en toda a Administración autonómica

• Recuperación de pactos e acordos suspendidos

• Recuperación de dereitos suspendidos (IT, acción social, dereitos sindiciais … )

• Estudo da repercusión das sentenzas do TXUE sobre o traballo de duración determinada e a aplicación das mes mas