CCOO solicita a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de interinos

CCOO-Ensino, ANPE e FETE-UGT, asinantes do acordo de interinos, solicitaron hoxe mediante escrito no rexistro, a convocatoria dunha xuntanza co Director Xeral, co fin de tratar unha oferta pública de emprego, que permita voltar ao 5% de persoal interino nos corpos docentes, xa que estes últimos anos por mor dos recorteselevouse ao 13%.

Asimesmo, tratar as últimas sentenzas do TXUE sobre o emprego temporal, xa que éstas van na liña de impedir que as prazas de carácter estrutural se cubran con carácter de temporalidade máis aló do que establece o EBEP.

Ademáis, en canto á OPEnon só basta con repor as xubilacións producidas, senón unha oferta máis ampla que permita recuperar os postos de traballo perdidos e os transformados en temporais.