CCOO reclama mobilizacións no ensino concertado

CCOO considera que, se neste mes de marzo non se producen avances na reposición de dereitos suprimidos ás persoas traballadoras do ensino concertado, tal como se acordou na Mesa Tripartita do Ensino Concertado do 16 de decembro de 2022, a mobilización do sector será unha esixencia inescusable.

Os traballadores/as da concertada galega á cola do Estado.

‌ Nota de prensa

Publicados os Proxectos de Orde polos que se establecen a ordenación e o currículo da Educación Infantil e Primaria de Galicia

‌ Proxecto de Orde de Educación Infantil

‌ Proxecto de Orde de Educación Primaria

Dende o día 7 ao 27 de febreiro de 2023 atópanse publicados no portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia, en prazo de envío de suxestións.

A administración debería levalos a Mesa Sectorial antes da súa aprobación.

Recomendacións de CCOO ao Consello Escolar do Estado

Este 13 de decembro celebrouse o Pleno do Consello Escolar do Estado coa finalidade de aprobar o informe 2022 sobre o estado do sistema educativo. Ano tras ano, CCOO vén formulando unha serie de propostas de mellora no ámbito do ensino concertado que acaban sendo incorporadas no informe anual. Este ano fixemos unha serie de recomendacións, que se relacionan a continuación, na nova ampliada.

Acordo para que a subida salarial da función pública se aplique sobre o persoal docente en pagamento delegado

CCOO  decide  aceptar  a  proposta  do  Goberno  de  España  en  materia  salarial  para  incrementos retributivos no ámbito da función pública para o período 2022-2024. Eses incrementos terán incidencia directa sobre o persoal docente en pagamento delegado, xa que CCOO asinamos cada un dos acordos sobre  analoxía  retributiva  que  permiten  que  esas  subas  salariais  se  acaben trasladando ao  sector do ensino concertado.