Consulta a proposta retributiva de CCOO para o XIII Convenio Colectivo de Centros de Asistencia e Educación Infantil

Xestión directa 

  • Retribucións 2023

Salario base de 1100 € para as educadoras e incremento do 6 % para o resto das categorías.

  • Retribucións 2024 

Salario base de 1150 € para as educadoras e incremento do 4,5 % para o resto das categorías.

  • Retribucións 2025

Salario base de 1200 € para as educadoras e incremento do 4,5 % para o resto das categorías.

A expensas de coñecer a evolución do SMI, garantirase sempre que as educadoras perciban, como mínimo, o SMI máis un diferencial de 50 €.

Xestión indirecta 

Incremento do 4 % por cada ano de vixencia do convenio para as mestras e do 7 % para o resto das categorías. 

 

Ante a proposta patronal de dividir en dous o convenio colectivo, en función do tipo de xestión, CCOO manifestou que, namentres non a concreten, o sindicato non está en disposición de dar unha resposta. Asimismo manifestamos que os incrementos retributivos non son moeda de cambio das condicións laborais das traballadoras e que non aceptamos endurecer os artigos de incapacidade temporal e xornada, tal e como exixen as organizacións patronais.

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS