CCOO Ensino solicita unha reunión coa nova conselleira de Política Social

Unha vez coñecido o nomeamento de Ángeles Vázquez como nova conselleira de Política Social, a Secretaria Xeral de CCOO Ensino, Noelia Sánchez Vaamonde, solicitou formalmente unha reunión con ela para abordar as principais problemáticas que afectan os sectores de Menores, Discapacidade e Educación Infantil de 0 a 3 anos.

O obxectivo desta reunión é trasladarlle as reivindicacións e preocupacións das traballadoras e dos traballadores destes ámbitos, tratar as cuestións pendentes e avanzar na apertura de vías de diálogo que permitan desbloquear a negociación colectiva.

CCOO Ensino reclama unha interlocución efectiva coa Consellería e agarda que esta solicitude permita establecer un espazo de diálogo institucional estable para abordar as demandas sindicais e avanzar na mellora das condicións laborais e na defensa dos dereitos das persoas traballadoras destes sectores.

Consulta o documento completo coa nosa solicitude.