Aspectos pendentes do Acordo marco para unha administración do século XXI

CCOO e UGT demandan unha reunión urxente ao Ministro Escrivá para culminar aspectos pendentes do Acordo Marco

A área Pública de CCOO e UGT Servicios Públicos, asinantes do Acordo Marco para unha Administración do século XXI, instan a José Luis Escrivá, ministro de Función Pública, a retomar de inmediato a axenda en materia de función pública e transformación dixital, temas específicos recollidos no Acordo Marco e no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia comprometido polo Goberno coa Unión Europea.