Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES (590)

Especialidades ás que afecta esta resolución:

  • Asesoría e procesos de imaxe persoal (590103)
  • Procesos de produción agraria (590115)
  • Procesos na industria alimentaria (590116)
  • Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos (590117)
  • Procesos sanitarios (590118)
  • Procesos e produtos de téxtil, confección e pel (590120)
  • Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico (590219)
  • Procedementos sanitarios e asistenciais (590220) 

 

Toda a información na web da Consellería.

 

Convocatoria do Concurso Xeral de Traslados 23-24

Publicada no DOG a convocatoria do concurso de traslados entre o persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

O prazo de participación é do 14 de novembro ao 4 de decembro.

 

Inscríbete na asemblea informativa do mércores 15 de novembro ás 18:00 con Borja Campos

O aforo é limitado e haberá preferencia para persoas afiliadas a CCOO

 

Toda a información sobre o CXT ⇒

Terceira xornada de loita: centos de traballadoras da educación infantil 0-3 esixen convenio digno e salarios xustos

Este terceiro día de folga e manifestación demostrou que a reivindicación non se debilita, ao contrario, medra día tras día. A pesar das inclemencias climáticas e dos servizos mínimos abusivos, o colectivo continúa acudindo masivamente ás manifestacións, e a súa indignación só aumenta. As traballadoras da educación infantil 0-3 de Galicia están decididas a non dar un paso atrás ata que se atendan as súas demandas e se lles recoñezan os seus dereitos.

O próximo chamamento á acción está fixado para o 15 de novembro, con convocatoria única en Santiago de Compostela. Agardamos que a mobilización continúe aumentando tanto en número como en intensidade.

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades de distintos corpos

Publicadas as resolucións do 8 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polas que se convocan procedementos para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades de distintos corpos: Corpo de profesores de ensino secundario (590) 590102 –  Análise e química industrial 590107 –  Informática 590109 –  Navegación e instalacións mariñas 590123 –  Procesos e produtos en madeira e … Ler máis

Terceira xornada de folga e manifestación na educación infantil 0-3

Despois do éxito das dúas primeiras convocatorias de folga e da manifestación do pasado 28 de outubro en Madrid, convocamos a terceira xornada das catro previstas:

FOLGA e manifestacións o mércores 8 de novembro

POR UN CONVENIO DIGNO E SALARIOS XUSTOS!

NON AO BLOQUEO DAS NEGOCIACIÓNS!

‌ Comunicado das organizacións sindicais convocantes

 Vídeo de convocatoria da folga