Mesmos obxectivos, pero distintas estratexias

Ao longo dos últimos anos, e máis concretamente nos últimos meses, estase repetindo un lícito confrontamento estratéxico na forma de encarar as reclamacións do colectivo docente, tanto retributivas como noutros eidos do ámbito laboral.

A mobilización, incluíndo a folga, é un instrumento para conseguir abrir un proceso negociador que debe rematar, necesariamente, en acordos que melloren as condicións laborais e retributivas do profesorado. 

Calquera mobilización que non finalice na conquista de melloras, converte en inútil esta ferramenta.