25N – Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Sabemos que o que non se nomea non existe. O que non se contabiliza, tampouco. Por iso cómpre deterse nas cifras da violencia contra as mulleres, que son a máxima expresión dun sistema patriarcal.
A violencia de xénero, entendida no seu sentido amplo, é dicir, comprendendo todas as manifestacións da violencia contra as mulleres, é o delito máis estendido en todo o mundo:
- Cada 3 segundos, unha nena é obrigada a casar.
- Unha de cada 3 mulleres do mundo sufriu ao longo da súa vida violencia física ou sexual.
- 3 millóns de nenas son vítimas de ablación cada ano.
- As violacións como arma de guerra están xeneralizadas nas zonas de conflito.
- Unha gran parte dos asasinatos de mulleres cometéronos as súas parellas ou exparellas.
- O 71 % das vítimas de trata son mulleres e nenas (ACNUR 2019).
