Persoas admitidas e excluídas en varios procesos selectivos extraordinarios de estabilización (PSEC)

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en FIDES. As listaxes completas de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo de Función Pública. As persoas excluídas dispoñen de dez días hábiles para reclamar ou emendar a exclusión. As … Ler máis

Publicada resolución pola que se exclúen das oposicións ás persoas que obteñen praza no concurso extraordinario de méritos

‌ Resolución ‌ Web da consellería Tal e como anunciamos tralas reunións técnicas coa Subdirección Xeral de Recursos Humanos, as persoas que obteñen praza no concurso de méritos non poden presentarse ao concurso-oposición por non cumprir os requisitos da convocatoria, xa que se atopan pendentes do nomeamento como funcionarios de carreira. Si poderán presentarse ao concurso-oposición aquelas persoas que se presenten a especialidades de … Ler máis

Convocada mesa sectorial para o 13 de xuño de 2023

Documentación asociada: ‌ Anteproxecto de orde pola que se establece a figura da persoa coordinadora de benestar e convivencia nos centros docentes de Galicia. ‌ Proxecto de orde pola que se amplía a relación de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo. Envía as túas achegas a ensino@galicia.ccoo.es

Persoal laboral. Publicado o requirimento de emenda de documentación do procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño (PSEC)

Prazo: dende o 7 ata o 27 de xuño de 2023 (ambos incluídos) ‌ Resolución (DOG) Lembrade pedir cita con antelación no rexistro, en caso de que sexa necesario No anexo da resolución figura a listaxe de solicitudes que deberán emendar documentación porque non consta no Rexistro Central de Persoal. A acreditación dos méritos de formación realizarase de xeito electrónico através … Ler máis

Publicadas listaxes de desestimacións e inadmisións do recoñecemento extraordinario do complemento de desempeño para o persoal laboral (PSEC)

 Listaxe de solicitudes desestimadas (DOG) ‌ Listaxe de solicitudes inadmitidas (DOG) O requerimento de emenda de documentación para o complemento de desempeño do persoal laboral sairá mañá publicado en DOG. Documentación relacionada ORDE do procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño para o persoal laboral.

Publicados requirimentos de emenda de documentación, desestimacións e inadmisións do recoñecemento extraordinario do sistema de carreira para o persoal funcionario (PSEC)

Requerimentos de emenda de documentación Son as solicitudes que non contan cos requisitos exixidos, ben por non ter nada gravado no expediente ou ben por non ser suficientes. No Anexo I está a listaxe de solicitudes que deberán acreditar algún dos criterios exixidos. O persoal que queira acreditar o cumprimento dalgún dos criterios deberá solicitar a actualización dos méritos que … Ler máis

Asemblea informativa. Concurso extraordinario de méritos. E agora que?

Contido: explicación dos pasos a seguir as persoas que superaron o procedemento de concurso extraordinario de méritos. ‌ Mércores, 7 de xuño ás 19:00 ‌ Moderador: Borja Campos Seijo Celebración telemática con Google Meet Aforo limitado e preferencia para persoas afiliadas Formulario de inscrición

A negociación do convenio colectivo de Infantil atópase estancada

As patronais mostran falta de vontade e ausencia de propostas concretas. ‌ infórmaTE Na Mesa Negociadora do pasado 29 de maio, quedou claro que as organizacións patronais non mostraron vontade de avanzar na negociación do Convenio Colectivo. En vez de tratar o tema principal, centraron a súa intervención en cuestións menores e non presentaron propostas concretas. Como resposta, as organizacións sindicais iniciarán … Ler máis