A Consellería de Educación mantén a oferta enviada aos centros o 12 de xuño

A postura da Directora Xeral de Formación Profesional (FP), na xuntanza do Consello Galego da FP, supón seguir avanzando na mingua da oferta presencial en beneficio da privatización da Formación Profesional en Galicia. No Consello Galego de Formación Profesional (FP), celebrado hoxe, 19 de xuño de 2023, a Directora  Xeral de FP fai unha defensa férrea da proposta da oferta … Ler máis

Toda a información da comisión de persoal do 14 de xuño de 2023 (PSEC)

infórmaTE CCOO votou en contra da modificación da RPT da Consellería de cultura, educación formación profesional e universidades. Non foi recollida ningunha das alegacións achegadas tralas negociacións previas. Esta RPT ten moitas eivas: destrución de emprego público, aperturas a outras administracións públicas e a persoal docente que non teñen explicación por moito que a Consellería intente xustificalas. Poderiamos destacar un aspecto positivo, … Ler máis

CCOO Ensino defende o mantemento da FP presencial no Consello Galego de Formación Profesional

A análise comparativa realizada por CCOO Ensino entre a oferta educativa de FP deste curso e para o vindeiro 23/24 permite extraer unha serie de interesantes conclusións. Consulta tamén os documentos sobre os que se soporta a análise realizada: ‌ Oferta eliminada mantendo o ciclo noutra(s) modalidade(s) xa existente(s) no centro ‌ Nova oferta dun ciclo que existía no centro pero noutro réxime ou … Ler máis

Instrucións para o curso académico 2023/24 en infantil, primaria, secundaria e bacharelato

Resolución (DOG) Ditanse instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato para o curso 2023/24 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. A resolución aplícase aos centros sostidos con fondos públicos onde se imparten estas ensinanzas.