Toda a información da comisión de persoal do 14 de xuño de 2023 (PSEC)

infórmaTE

CCOO votou en contra da modificación da RPT da Consellería de cultura, educación formación profesional e universidades. Non foi recollida ningunha das alegacións achegadas tralas negociacións previas.

Esta RPT ten moitas eivas: destrución de emprego público, aperturas a outras administracións públicas e a persoal docente que non teñen explicación por moito que a Consellería intente xustificalas. Poderiamos destacar un aspecto positivo, na creación do Centro Galego da Innovación da Formación profesional Ourense. Pero aínda con isto, nos parece que dotar a este centro cunha Xefatura de Negociado nivel 18 e dous postos da Agrupación profesional non é suficiente para todas as funcións encomendadas.

Estamos ante unha RPT que non aporta nada novo, máis alá de sumar maís amortizacións e, polo tanto, incrementar a destrución de emprego público.