Convocatoria para elección de destino provisional para as persoas que superaron os procesos selectivos (PSEC)

No prazo de hoxe, 27, e mañá, 28 de xuño, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

No prazo do 29 de xuño ao 5 de xullo (ambos incluídos), as persoas aspirantes seleccionan telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».