Sen financiamento estrutural e persoal adecuados non hai futuro para a universidade pública

Nas reunións que está a celebrar o Ministerio de Universidades cos diferentes actores da comunidade universitaria e, en concreto, nas que participa CCOO (as dúas últimas celebráronse o 13 e o 18 de outubro), o sindicato criticou que o anteproxecto de Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU) non contemple unha memoria económica específica, explícita e suficiente, que garanta os gastos que necesariamente conlevan a adaptación e estabilización dos cadros de persoal para cumprir coa erradicación da precariedade do profesorado universitario. Tampouco se observa unha política proactiva para reverter os recortes sufridos na última década, de máis de 1.400 millóns de euros. Así, non será posible a modernización da universidade española, a dignificación das condicións laborais do seu persoal, ou o acceso de todos os cidadáns e as cidadás á educación superior en equidade, coa diminución drástica ou gratuidade de prezos públicos. 

Xuntanza Mesa Xeral do 15 de outubro

O 15 de outubro de 2020, tivo lugar a xuntanza da mexa xeral extraordinaria de empregados públicos, na que se trataron os seguintes puntos:

1.- Estudo do anteproxecto da lei de orzamentos para o ano 2022: incremento masa salarial.

2.- Estudio do anteproxecto da lei de medidas: materia de persoal.

3.- Rogos e preguntas

CCOO esixe o cumprimento das previsións legais pendentes que afectan ao ensino concertado

Pasaron máis de 15 anos desde que a LOE mandatase varias normas, non modificadas pola LOMCE nin pola LOMLOE, que afectan á regulación, ao financiamento, aos recursos humanos e ás condicións laborais do profesorado e do persoal complementario e de administración e servizos dos centros concertados, e que seguen sen aplicarse. Por iso CCOO esixe: Ao Ministerio de Educación O … Ler máis

Prazo de presentación de solicitudes para a inclusión nas listas únicas para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario

Última información dos procesos selectivos en marcha

  • Última información dos procesos selectivos en marcha, entre outros, os seguintes, que podedes consultar no seguinte enlace:
  • 15/10/2021: FUNCIONARIOS GRUPO AP ESCALA 2055 – ANO 2018 – SEC 01
  • 15/10/2021: LABORALES GRUPO 5 ESCALA 003 – ANO 2017 – SEC 01
  • 14/10/2021: FUNCIONARIOS GRUPO A2 ESCALA 208E – ANO 2019 – SEC 01
    • 14/10/2021: FUNCIONARIOS GRUPO A1 ESCALA 208F – ANO 2019 – SEC 01
      • 13/10/2021: FUNCIONARIOS GRUPO A2 ESCALA 208A – ANO 2019 – SEC 01

Procesos Selectivos

CCOO Ensino consegue que as vacantes Proa+ se publiquen ao mesmo tempo que as vacantes ARCO

  • CCOO e o resto de organizacións sindicais asinantes do acordo de acceso a listas de interinidade solicitámoslle á Administración que se publiquen ao mesmo tempo as vacantes PROA+
  • VER SINATURA DA ADDENDA. Unha vez asinada, podemos confirmar que os chamamentos feitos onte por un erro da administración para os ARCO en secundaria se arranxaran xa que van a comezar de novo o proceso de chamamentos. 

Nova versión do “Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19″

Esta versión harmoniza o texto coa actual versión en vigor do “Protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico fronte ao virus SARS-CoV-2 (Covid-19) no ámbito educativo non universitario” da Consellería de Sanidade, de 16 de setembro de 2021 e en aplicación desde esa data na xestión de casos no contexto educativo en Galicia, e que responde á modificación realizada polo Ministerio de Sanidade no documento técnico “Guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos” do 7 de setembro de 2021.

Estas modificacións trasládanse aos efectos de evitar discrepancias e dúbidas.

Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19