Mes: Novembro 2021
Convócanse 623 prazas para profesorado visitante español en Estados Estados Unidos, Canadá, Emiratos Árabes Unidos e Irlanda para o curso 2022-2023
O prazo de solicitude estará aberto desde o 29 de novembro ao 21 de decembro de 2021
25 de Novembro de 2021 – Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
CCOO ensino, o 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, manifesta o seu firme compromiso en seguir loitando contra todas as formas de violencia machista e a discriminación das mulleres que está na base daquelas.
CCOO edita unha folla informativa sobre o acoso sexual no traballo
A Secretaría da Muller de CCOO edita unha folla informativa sobre o acoso sexual no traballo. O documento dá as principais claves para recoñecer unha situación de acoso e inclúe instrumentos de protección para as persoas que o padezan. DESCARGAR FOLLA INFORMATIVA EN PDF
Acordadas Modificacións de Niveis e outros cambios na RPT de PAS
Información da reunión da Mesa Xeral de PAS do 19 de novembro Principais acordos tomados: Desenvolvemento da reunión e tratamento dos temas:
CCOO denuncia que a Consellería segue sen cumprir o requerimento feito pola inspección de traballo
O pasado 7 de abril, a Inspección de Traballo e Seguridade Social, requiriu á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, con data 07/04/2021 o cumprimento en materia de saúde laboral que denunciamos desde CCOO ensino.
Resolución provisional de centros novos e de continuidade seleccionados para os plans de formación permanente do profesorado
Abrirase un prazo de cinco naturais para efectuar reclamacións ou renuncias. Transcorrido este prazo, unha vez estudadas e, de ser o caso, atendidas as mencionadas reclamacións e renuncias, a comisión seleccionadora elevaralle a proposta definitiva á persoa titular da secretaría xeral, quen resolverá a relación final dos plans seleccionados.
Persoas admitidas e excluídas interinidades e substitucións na especialidade de italiano
Resolución do 19 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de italiano do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592012)
-
As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
-
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 592012)
